Entradas

OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA

Imagen
 Agora que estamos a rematar o curso toca facer balance das actividades realizadas.  Foron moitas e de distintas características pero esquecémonos no seu momento de mencionar unha moi especial: O obradoiro de Biblioteca Creativa impartido por BRAZOLINDA, este obradoiro levouse a cabo na 2ª avaliación e levárono a cabo co alumnado de infantil e 1 ciclo de primaria. Neste obradoiro aprenderon un montón de xogos que de seguro imos utilizar no curso que vén!!

FELIZ DÍA DO LIBRO

Imagen
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO   Para conmemorar o día do libro hoxe realizamos unha serie de actividades no colexio. Xa dende onte e ata mañá hai na entrada do colexio unha exposición de minilibros creados polos nen@s de primaria. Aquí me vedes custodiando tan valiosos exemplares!!! Logo do recreo da mañá recibimos a visita dos usuarios do centro de día para realizar unha lectura compartida dunha serie de contos co alumnado de 3º e 4º. Moitas grazas pola visita!!! Xa pola tarde houbo un apadriñamento lector do alumnado de 3º ciclo con infantil e 1º ciclo de primaria. Pasámolo xenial!!! FELIZ DÍA DO LIBRO  

ENTREVISTAS 8M II

 SEGUNDA DAS ENTREVISTAS POLO M. ESTA VEZ TIVEMOS O PRIVILEXIO DE FACERLLE UNHA ENTREVISTA A UNHA CANTANTE DE PROXECCIÓN INTERNACIONAL: ELISA C. MARTÍN. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!

ENTREVISTAS 8 M

 PRIMEIRA DAS ENTREVISTAS REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 5º A MULLERES RELACIONADAS CO CENTRO E REALIZADAS CO GALLO DA CONMEMORACIÓN DO 8M.

Día de Rosalía de Castro

Co gallo da celebración do día de Rosalía, o pasado 23 de febreiro, @s nen@s de educación primaria, en colaboración co EDLG e polos creativos fixeron este Biopic sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Agardamos que vos guste!!!

BOOK TRAILERS 2!

 SEGUNDA ENTREGA DE RESUMOS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS!! DESTA VOLTA CONTÁNOLO MARA SIXTO DE 5º DE INFANTIL, XABI BASANTA E ALEX MASEDA DE 5º! GRAZAS, DENTRO DE POUCO 3ª ENTREGA! A SEGUIR LENDO E DESFRUTANDO!!

BOOK TRAILERS!!! PRIMEIRA ENTREGA

AQUÍ TEDES A 1ª ENTREGA DOS BOOK TRAILERS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS! GRAZAS POLA COLABORACIÓN E A SEGUIR LENDO!!!

DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
 DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO (25N) Este ano conmemoramos o día para a erradicación da violencia de xénero realizando un traballo colaborativo onde cada neno e nena do centro pegou unha pisada cunha mensaxe en contra da violencia machista ademais dun mural na entrada do centro. Á tarde celebramos a lectura dun manifesto feito polo 3º ciclo e interpretamos unha canción creada a partir da IA.  

CONTOS AO PÉ DA LAREIRA

Imagen
 Co gallo da celebración do Samaín/ Halloween, dende a biblioteca pedimos ás familias que nos mandaran contos de medo que se contaran ao pé da lareira os nosos maiores ou, de non darse o caso, que tiveran pasado de xeración en xeración para facer con eles unha exposición dos mesmos. De entre eles escolleremos un par deles e faremos unha gravación /ficción sonora que compartiremos por este blogue e máis a páxina do colexio. Moitas grazas familias!!! 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imagen
O PASADO VENRES 24 CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS NA CASA DA CULTURA. NESTE SITIO ASISTIMOS A ACTUACIÓN DE TÍTERES POR PARTE DA COMPAÑÍA MIRCROMINA TÍTERES NA QUE TON ARENAS CONTOUNOS UNHA REINTERPRETACIÓN DA HISTORIA DE PARDO DE CELA E ISABEL DE CASTRO NA OBRA "PASMO DE PEDRA. O MARISCAL.

A BIBLIOTECA XA ESTÁ ABERTA

Imagen
A BIBLIOTECA ESTÁ ABERTA !!! Benvidos un curso máis a este espazo no que podedes botar ou ler un conto, xogar a xogos moi divertidos, pintar, ler e aprender... e incluso estudar. Lembrade as normas que hai no corcho á entrada da mesma e desfrutádea!! Este ano como  novidade temos un novo recuncho para lectura e descanso  o rincón "chill de cojines"  e do que poñemos unha foto a continuación.     Éste é un espazo de tod@s e para tod@s polo que coidadeo para conservalo o mellor que se poda.

OBRADOIRO DE XOGOS (Biblioteca creativa)

Imagen
O pasado venres, e encadrado nas actividades a realizar dentro do programa Biblioteca creativa no curso 2024-2025, recibimos a visita de Iria e Javi de Xogando nas nubes de Burela para realizar un obradoiro de xogos. Uns xogos, que este ano adquiriu o centro grazas a axuda do PLAMBE.           Neste obradoiro aprendemos a xogar con xogos de lóxica, matemática linguaxe e o pasamos e pasaron xenial os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo.  Moitas grazas por todo a Xogando nas nubes  e como dicía o outro... " A JUGAR!!!"

ENTREVISTA A GRANDE AMORE

Imagen
 DENDE O PROXECTO DO CENTRO EN COLABORACIÓN CO EDLG E BIBLIOTECA, OS NENOS DE 6º FIXÉRON UNHA ENTREVISTA A GRANDE AMORE. AQUÍ TEDES A ENTREVISTA GRAZAS NUNO E AGARDAMOS QUE VOLVAS PARA UN CONCERTO OU UN VIDEOCLIP!

DÍA DA PAZ

Imagen
Neste día da paz, e en colaboración co equipo coordinación de extraescolares realizouse un evento no recibidor onde fixemos un semáforo da paz. Todo o alumnado xuntouse e falamos sobre o significado das palabras que ían nas distintas cores relacionadas, tanto ca paz como coa violencia e a guerra. Finalmente cantamos a canción de Juanes Paz, paz, paz acompañada de instrumentos de percusión. Antes Despois

Semana da discapacidade

 Se ben o ano pasado conmemoramos a semana da discapacidade con sesións de cine na biblioteca; este ano a biblioteca saíu as aulas para facer uns apadriñamentos lectores do 3º ciclo para o resto do cole. Ademais diso o alumnado de 3º fixo unha obra de teatro con moitas frutas!!

25 DE NOVEMBRO DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

  DENDE A BIBLIOTECA SOLICITOUSE ÁS FAMILIAS QUE XUNTO AOS NENOS E NENAS CREARAN CARTACES CON MENSAXES E REIVINDICACIÓNS POLA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. AQUÍ TEDES UN VÍDEO RESUMO DOS CARTACES E UN PEQUENO ANACO DO ACTO CELEBRADO NO RECIBIDOR DO COLEXIO. MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Concurso de relatos de terror

  Aquí tedes o relato gañador do concurso do Samaín e a súa dramatización por parte do curso de 2º de primaria. Noraboa aos premiados e desfrutade moito desta obra terrorífica!!!! CONTO

Reapertura da bibioteca!!

Imagen
           Pois outro ano máis volvemos abrir a nosa humilde Biblioteca para todo o alumnado. E ao igual que fixemos o ano pasado, este feito tivo lugar o día das bibliotecas (24 de outubro), para celebralo como se merece tivemos unha actuación do contacontos Caxoto na casa da cultura, onde nos contou e cantou historias moi divertidas e tamén nos falou das marabillas da lectura e o que os contos contados supuxeron para el na súa vida... ah! e regalounos un libro dedicado para o cole! Démoslle un pequeno lavado de cara á biblioteca, como podedes ver nas fotos. Á diferenza do ano pasado, neste curso decidiuse que por problemas de tempo e recursos, estará aberta ao público nas horas de lecer (á maña e ao mediodía) con excepción do venres, que agás excepcións estará pechada. Na biblioteca ademais de libros e cómics contamos con xogos de mesa e de construción moi divertidos e zonas de lecer para relaxarse e falar... en baixiño, xa sabedes.

BENVIDOS DE NOVO!!!

XA ESTAMOS DE VOLTA NO COLE! BENVIDOS DE NOVO AO COLO CEIP SANTA MARÍA DO VALADOURO!!! DE SEGURO QUE ESTE ANO ÍMOLO PASAR XENIAL XOGANDO, APRENDENDO E DESCUBRINDO UN MONTÓN DE COUSAS!! A BIBLIOTECA OMEZARÁ A SÚA ANDAINA O 24 DE OUTUBRO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS XA QUE ANTES ESTAMOS DÁNDOLLE UNHA VOLTIÑA PARA QUE SE PODA APROVEITAR MOITO MELLOR... MENTRES TANTO SEGUIREMOS INFORMANDO... UN SAÚDO DE MEL DENDE A BIBLIOTECA

Revista do proxecto competencial de 4º

Imagen
Aquí podedes visualizar a revista feita por 4º curso na materia de proxecto competencial para este ano. Agardamos que vos guste.