FELIZ DÍA DO LIBRO
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o día do libro hoxe realizamos unha serie de actividades no colexio.
Xa dende onte e ata mañá hai na entrada do colexio unha exposición de minilibros creados polos nen@s de primaria. Aquí me vedes custodiando tan valiosos exemplares!!!
Logo do recreo da mañá recibimos a visita dos usuarios do centro de día para realizar unha lectura compartida dunha serie de contos co alumnado de 3º e 4º. Moitas grazas pola visita!!!
Xa pola tarde houbo un apadriñamento lector do alumnado de 3º ciclo con infantil e 1º ciclo de primaria. Pasámolo xenial!!!
FELIZ DÍA DO LIBRO



Comentarios
Publicar un comentario