Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Día en contra da violencia de xénero

Imagen
 Coma sempre facemos con todas as conmemoracións expoñemos na entrada do colexio lecturas recomendadas e relacionadas con este tema. Dentro da Biblioteca creativa cada curso elaborou unha serie de receitas en contra da violencia de xénero que a xente cativa repartiu polos establecementos de Ferreira no día que conmemoramos esta data (o 24 de novembro).           

Dámosvos a benvida ao blogue da Biblioteca do colexio de Ferreira do Valadouro

Imagen
 Este Blogue vai servir para que esteades ao tanto de todas as novidades que saen da biblioteca do CEIP Sta. María do Valadouro... que non son poucas!!! Aínda que xa pasou algún tempo compre dicir que o día que reinauguramos a biblioteca e coñecemos a nosa mascota Mel (25 de outubro) trouxemos para esta ocasión a Lionel Rexes a que nos falara un pouco de como é o seu método de para escribir e falarnos dalgúns contos e historias do Valadouro... Estivo xenial!! Aquí vos deixamos un enlace a un video resumo dese día. Reinauguración da Biblioteca