Blogue da Biblioteca do CEIP Santa María do Valadouro
OBRADOIRO DE XOGOS (Biblioteca creativa)
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
O pasado venres, e encadrado nas actividades a realizar dentro do programa Biblioteca creativa no curso 2024-2025, recibimos a visita de Iria e Javi de Xogando nas nubes de Burela para realizar un obradoiro de xogos. Uns xogos, que este ano adquiriu o centro grazas a axuda do PLAMBE.
Neste obradoiro aprendemos a xogar con xogos de lóxica, matemática linguaxe e o pasamos e pasaron xenial os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo. Moitas grazas por todo a Xogando nas nubes e como dicía o outro... " A JUGAR!!!"
SEGUNDA ENTREGA DE RESUMOS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS!! DESTA VOLTA CONTÁNOLO MARA SIXTO DE 5º DE INFANTIL, XABI BASANTA E ALEX MASEDA DE 5º! GRAZAS, DENTRO DE POUCO 3ª ENTREGA! A SEGUIR LENDO E DESFRUTANDO!!
Co gallo da celebración do Samaín/ Halloween, dende a biblioteca pedimos ás familias que nos mandaran contos de medo que se contaran ao pé da lareira os nosos maiores ou, de non darse o caso, que tiveran pasado de xeración en xeración para facer con eles unha exposición dos mesmos. De entre eles escolleremos un par deles e faremos unha gravación /ficción sonora que compartiremos por este blogue e máis a páxina do colexio. Moitas grazas familias!!!
Comentarios
Publicar un comentario