SEGUNDA ENTREGA DE RESUMOS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS!! DESTA VOLTA CONTÁNOLO MARA SIXTO DE 5º DE INFANTIL, XABI BASANTA E ALEX MASEDA DE 5º! GRAZAS, DENTRO DE POUCO 3ª ENTREGA! A SEGUIR LENDO E DESFRUTANDO!!
O pasado venres, e encadrado nas actividades a realizar dentro do programa Biblioteca creativa no curso 2024-2025, recibimos a visita de Iria e Javi de Xogando nas nubes de Burela para realizar un obradoiro de xogos. Uns xogos, que este ano adquiriu o centro grazas a axuda do PLAMBE. Neste obradoiro aprendemos a xogar con xogos de lóxica, matemática linguaxe e o pasamos e pasaron xenial os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo. Moitas grazas por todo a Xogando nas nubes e como dicía o outro... " A JUGAR!!!"
Co gallo da celebración do día de Rosalía, o pasado 23 de febreiro, @s nen@s de educación primaria, en colaboración co EDLG e polos creativos fixeron este Biopic sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Agardamos que vos guste!!!
Comentarios
Publicar un comentario