Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Semana do Libro en Infantil!

Imagen
  Como peche á Semana do Libro 📖 os nenxs de infantil desfrutaron de diferentes propostas de experimentación e xogo libre baseadas en contos que foron traballandos ao longo do curso. Os contos empregados e as propostas foron as seguintes: * A Horta de Simón 🥕🐰 Rocío Alejandro. Xogo libre no mini mundo da horta con elementos naturais . * Cocorico 🐤 Marisa Núnez. Mesa de experimentación con masa de auga e fariña. * A sopa queima 🍜 Pablo Albo& André Letria. Mesa de experimentación e xogo simbólico con "sopa". * Unha araña moi ocupada 🕷️ Eric Carle. Xogo libre na mesa tuff onde se traballou a coordinación óculo manual ao coller os pompóns con pinzas e intentar pegalos na "tea de araña". * Desayuno de primavera 🌺🌼 Joana Bruna. Memory cos protagonistas do conto. * Unha eiruga moi larpeira. 🐛. Eric Carle. Xogo de lóxicamatemática con material de refugallo. * O monstruo de cores 🎨 Anna Llenas. Axudámoslle ao monstro a ordear as súas emocións. * De que cor é

DÍA DO LIBRO

Imagen
  Neste día do libro tivemos moitas actividades no colexio de Ferreira para conmemoralo: Dende Polos creativos  propuxeron unha actividade de circuitos cunhas flores nas que incluíanse palabras relacionadas ca lectura... que bonitas!!!gran traballo!!! O alumnado de 3º foron contarlle unhas lendas do Valadouro a Residencia de Maiores diante do colexio. Pasárono e pasámolo moi ben, repetiremos!!!!Grazas                             O alumnado de 4º, pola súa parte, foron ata a Galiña azul a contarlle unha historia aos máis pequeniños do val. Dentro do colexio organizamos unhas leturas e representacións teatrais. Como vedes nas fotos, acabou quedando pequeno o espacio con tanto espectador: 5º representou con monicreques "A Mosca Chosca" 6º contou e utilizou apoio visual para contar "A que sabe la luna" 2º contou o conto "A caixa de Galletas" e saiulles moi moi ben!!!                                     Todos/as eles/as fixérono xenial e pasamos unha mañá estup

Obradoiro de Collage con Carlos Gallego

Imagen
 O 10 de abril recibimos a visita de Carlos Gallego, un ilustrador vigués que nos amosou parte do seu traballo e aprendeunos a facer cousiñas coa técnica do Collage   aos trasniños de infantil e primeiro ciclo. Moitas grazas por todo. Aquí tedes unhas fotos deste obradoiro que se inclúe dentro das actividades relacionadas coa Biblioteca Creativa para este curso 2023-2024.