Blogue da Biblioteca do CEIP Santa María do Valadouro
Día das letras galegas Luisa Villalta
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
Para o día das letras galegas, que celebramos o día 16 de maio, dende o cole estivemos a preparar semanas antes unha entrevista para explicar a vida e obra da homenaxeada neste día: María Luísa Villalta.
Estas entrevistas, nas que participaron todos as clases do colexio, fixéronse con formato de Radio e graváronse na biblioteca. Logo montáronse con imaxes.
Para ver esta entrevista e mais unha escolma de textos e poemas improvisouse un cine no ximnasio.
Para que as familias do centro puideran ver o resultado final fixemos uns códigos QR de cada unha das entrevistas que situamos no recibidor do colexio.
Aquí tedes os códigos QR por si queredes descargalos vós.
SEGUNDA ENTREGA DE RESUMOS DOS VOSOS LIBROS FAVORITOS!! DESTA VOLTA CONTÁNOLO MARA SIXTO DE 5º DE INFANTIL, XABI BASANTA E ALEX MASEDA DE 5º! GRAZAS, DENTRO DE POUCO 3ª ENTREGA! A SEGUIR LENDO E DESFRUTANDO!!
DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO (25N) Este ano conmemoramos o día para a erradicación da violencia de xénero realizando un traballo colaborativo onde cada neno e nena do centro pegou unha pisada cunha mensaxe en contra da violencia machista ademais dun mural na entrada do centro. Á tarde celebramos a lectura dun manifesto feito polo 3º ciclo e interpretamos unha canción creada a partir da IA.
Co gallo da celebración do día de Rosalía, o pasado 23 de febreiro, @s nen@s de educación primaria, en colaboración co EDLG e polos creativos fixeron este Biopic sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Agardamos que vos guste!!!
Comentarios
Publicar un comentario