Semana do Libro en Infantil!

 Como peche á Semana do Libro 📖 os nenxs de infantil desfrutaron de diferentes propostas de experimentación e xogo libre baseadas en contos que foron traballandos ao longo do curso.


Os contos empregados e as propostas foron as seguintes:


* A Horta de Simón 🥕🐰 Rocío Alejandro. Xogo libre no mini mundo da horta con elementos naturais .

* Cocorico 🐤 Marisa Núnez. Mesa de experimentación con masa de auga e fariña.

* A sopa queima 🍜 Pablo Albo& André Letria. Mesa de experimentación e xogo simbólico con "sopa".

* Unha araña moi ocupada 🕷️ Eric Carle. Xogo libre na mesa tuff onde se traballou a coordinación óculo manual ao coller os pompóns con pinzas e intentar pegalos na "tea de araña".

* Desayuno de primavera 🌺🌼 Joana Bruna. Memory cos protagonistas do conto.

* Unha eiruga moi larpeira. 🐛. Eric Carle. Xogo de lóxicamatemática con material de refugallo.

* O monstruo de cores 🎨 Anna Llenas. Axudámoslle ao monstro a ordear as súas emocións.

* De que cor é un bico. Rocío Bonilla Espazo adicado a pintar os beizos 💄💋 e estampar bicos.









Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DO LIBRO

Dámosvos a benvida ao blogue da Biblioteca do colexio de Ferreira do Valadouro

Día en contra da violencia de xénero