Entradas

O APALPADOR EN FERREIRA

Imagen
 Hoxe recibimos ao apalpador que nos contou un pouco desta personaxe mítica galega das montañas do Courel. Asemade, tamén nos contou cousas interesantes sobre a conservación da nosa flora e fauna e dos hábitos saudables. Incluso nos explicou que en realidade... Papa Noel é galego!!! Moitas grazas por visitarnos apalpador, foi un pracer gozar da tua compaña e a túa entrega!

Semana pola inclusión

Imagen
 Dende a biblioteca promovemos esta semana co motivo da celebración do día da diversidades funcional (3 de decembro), Unha serie de sesións de cine onde todos os cursos pudieron ver un grande número de cortos relacionados con este aspecto.  Asemade, tamén incorporamos unha serie de recomendacións lectoras no recibidor do cole sobre a diversidades funcional uníndonos deste xeito ao lema de Galicia diversa: todos baixo o mesmo paraugas.

Día en contra da violencia de xénero

Imagen
 Coma sempre facemos con todas as conmemoracións expoñemos na entrada do colexio lecturas recomendadas e relacionadas con este tema. Dentro da Biblioteca creativa cada curso elaborou unha serie de receitas en contra da violencia de xénero que a xente cativa repartiu polos establecementos de Ferreira no día que conmemoramos esta data (o 24 de novembro).           

Dámosvos a benvida ao blogue da Biblioteca do colexio de Ferreira do Valadouro

Imagen
 Este Blogue vai servir para que esteades ao tanto de todas as novidades que saen da biblioteca do CEIP Sta. María do Valadouro... que non son poucas!!! Aínda que xa pasou algún tempo compre dicir que o día que reinauguramos a biblioteca e coñecemos a nosa mascota Mel (25 de outubro) trouxemos para esta ocasión a Lionel Rexes a que nos falara un pouco de como é o seu método de para escribir e falarnos dalgúns contos e historias do Valadouro... Estivo xenial!! Aquí vos deixamos un enlace a un video resumo dese día. Reinauguración da Biblioteca